A fortuna volve sorrir á comarca do Barbanza

BOIRO> Nesta ocasión foi Boiro a vila afortunada onde se venderon un total de sete cupóns premiados do número 08.256 con 35 mil euros cada un. Neste quiosco da ONCE que rexenta Fidel Lampón, situado na rúa boirense Santos Mieites foi onde se venderon un total de sete cupóns do número 08.256 premiados no sorteo de onte con 35 mil euros cada un, repartíndose en total uns 245 mil euros. Esta é a primeira vez que Fidel, natural de Aguiño, que é afiliado da ONCE dende o ano 2002, reparte un premio destas características. Algo que o enche de satisfacción. Durante toda a mañá ningún dos posibles gañadores se achegou ata o quiosco de Fidel para comprobar se foran eles os afortunados. Aínda así o vendedor ten toda a seguranza que son todos veciños da localidade.