Que hai nesta botella? É a nova campaña da IXP Ribeiras do Morrazo

Pontevedra> A indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo ven de dar a coñecer unha campaña da promoción dos deus viños baixo o lema: que hai nesta botella? Unha campaña que ten como fin potenciar e dar a coñecer todos os caldos cultivados por debaixo dos 300 metros de altitude dos concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa.

Que hai nesta botella? Ese é o nome que recibe a campaña da Indicación Xeográfica Protexida Ribeiras do Morrazo que esta mañá se presentou na Casa da Luz de Pontevedra.

Segundo o vicepresidente da asociacións de sumilleres de Galicia, a IXP Ribeiras do Morrazo é unha volta de torca na agricultura galega.

Unha campaña que ten como fin reforzar a IXP e dinamizar o mundo da viticultura.

Unha campaña e unha IXP que ten como fin tamén promover o sector dos produtores do agro galego.

Os viños da IXP Ribeiras do Morrazo proceden exclusivamente dos viñedos da zona de produción e elaboración constituída polos terreos aptos para a produción de uva por debaixo dos 300 m de altitude dos concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Poio, Pontevedra, Redondela e Vilaboa deben estar inscritos no rexistro vitícola. A profesionalización do sector é fundamental para a extensión da marca de calidade polo que se traballa na información e formación dos viticultores