O PP considera que o bipartito “goberna dende a incoherencia”

Pontevedra> Opinión ben distinta teñen dende as filas populares. O voceiro do PP Provincial dixo que a este Goberno Bipartido fáltanlle proxectos e que se trata dun Goberno que falla nos feitos. Moldes cree que dende o Pazo Provincial se deberían de preocupar menos da publicidade e do marketing e máis polos veciños e veciñas da provincia.

Ángel Moldes fixo esta mañá balance dos 3 anos do Goberno do PSOE e do BNG ao fronte da Deputación. Para o voceiro do PP Provincial cree que se trata do Goberno da incoherencia, un Goberno que claramente falla nos feitos.

Moldes tamén criticou duramente o control que realiza este Goberno, segundo o popular o Bipartito pechou as portas en vez de abrilas.

Dende o PP esixen que o Goberno da Deputación sexa máis realista e coñezan de primeira man as queixas e reivindicacións dos veciños.

Moldes cree que é necesario que o Goberno Bipartito faga menos publiciade e marketing e que se poñan a traballar en proxectos necesarios para os concellos e veciñas e veciños da provincia.