Os albariños de Rías Baixas reafírmanse en Mallorca

CAMBADOS> O albariño avanza con paso firme na súa conquista de Mallorca. A Illa volveu acoller a súa Festa dedicada a estes viños, que este ano cumpriu xa a súa vixésimo primeira edición. Señorío de Rubiós, Finca de Garabelos e Condes de Albarei formaron o podio. Hoxe recolleron no concello de Cambados os seus galardóns.

O salón de plenos de Cambados converteuse nunha sorte de embaixada maiorquina. O concello acolleu a entrega de galardóns ás adegas premiadas na Festa do Albariño que se celebra dende hai 21 anos en Maiorca.

Este hoteleiro galego afincado en Palma foi o seu impulsor, pero a súa proposta rapidamente atopou resposta en Galicia. E dende Cambados sumáronse a esta oportunidade para seguir promocionando o seu rei dos brancos.

Con este impulso, cada mes de maio son máis as adegas que envían a súa representación a Mallorca. Nesta edición foron 40 as participantes pero a cata situou no primeiro posto ao viño Manuel D’Amaro, de Señorío de Rubiós.

Finca Garabelos e Condes de Albarei, completan o podio dos primeiros clasificados. Entre as dez máis puntuadas aparecen nomes moi coñecidos dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, como Lagar da Cachada, Pedra Longa, Paco e Lola ou Bouza de Carril.

 

Estes galardóns son da vixésimo primeira edición da Festa do Albariño de Mallorca, pero Cambados xa ten a cabeza posta na vixésimo segunda. Non en van, esta cita é un importante escaparate para as adegas que ven a conquista da illa como un primeiro paso cara o resto de Europa.