Ravella mediará ante Portos para que non periguen as festas de Carril

VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía quere mediar ante Portos de Galicia para garantir a celebración das festas de Carril e Vilaxoán. As comisións mantiveron un encontro co alcalde preocupados porque, aseguran, a nova norma dificulta a celebración destas citas pola dureza dos requisitos. Porén, dende o ente autonómico aseguran que a liquidación de taxas non é unha novidade, e que se manterá a autrización a case todas as festas.

A liquidación de taxas que recolle a nova normativa de Portos de Galicia non presenta novidades respecto á anterior norma. Así responde o ente autonómico á denuncia que onte facía o concello de Vilagarcía, que acusábaos de impoñer requisitos abusivos ás comisións de festas.

Alberto Varela recibiu onte ás comisións organizadoras das festas do Apóstolo, de San Fidel e de San Roque de Carril e o Ameixa Rock. Ven con bos ollos o pago dun seguro de responsabilidade civil e das taxas portuarias, pero non a esixencia dun aval.

As comisións pediron ao rexedor que o concello actúe de altofalante da súa preocupación. Por iso, Alberto Varela xa solicitou unha reunión ao presidente de Portos de Galicia para buscar unha solución que garanta a celebración das festas. Se non, o concello buscará alternativas.

Pola súa banda, Portos de Galicia asegura que a nova norma manterá a autorización da práctica totalidade das festas que se viñan celebrando en anos anteriores nas instalacións portuarias. As únicas exepcións serán as que poidan presentar riscos para a seguridade.