A envorcadura dun remolque obrigou a cortar o tráfico na autovía do Barbanza

RIANXO> A envorcadura do remolque dun camión que circulaba pola autovía foi a incidencia máis destacada que o forte temporal deixou o seu paso polo Barbanza.Pasadas as nove da mañá, o remolque dun camión de mercadorías envorcaba na autovía do Barbanza, á altura do viaduto de Taragoña. A pesar de que o condutor resultou ileso, a aparatosidade do accidente obrigou a pechar o tráfico en dirección a Padrón. O carril permaneceu cortado algo máis dunha hora mentres se realizaron as tarefas para retirar o remolque a mercadoría caída na calzada. Esta foi a incidencia máis destacada do paso de Giselle polo Barbanza, onde as fortes chuvias caídas provocaron o anegamento dalgunhas rúas ou o desbordamento de regatos. O vento tirou contedores e árbores en varios puntos da rede viaria aínda que non se rexistraron maiores problemas na circulación. O forte temporal marítimo obrigou a manter á flota amarrada, situación que se manterá durante toda a xornada de mañá cando a alerta laranxa estenderase a toda a costa galega.