PP e SAL presumen de estabilidade no seu primeiro ano á fronte do goberno de Sanxenxo

SANXENXO> O PP e SAL celebran o seu primeiro aniversario á fronte do goberno de Sanxenxo. Dende o bipartito defenden que no último ano a localidade gañou estabilidade. Esta mañá aproveitaron para facer balance do seu ano de xestión, nun acto no que tanto Telmo Martín como Gonzalo Pita salientaron o bo entendemento entre as súas formacións.

Pasou un ano dende que o alcalde Gonzalo Pita renunciou ó bastón de mando e llo entregou a Telmo Martín. Hoxe, o bipartito de Sanxenxo fixo balance do que deron de si estes 365  días. O agora tenente alcalde defende aquela decisión que, segundo di, lle aportou estabilidade ó Concello.

Aínda que Pita recoñece que SAL e o PP amosan acotío posturas diferentes, apunta que ambas aprenderon a saber chegar a entendemento. O alcalde secunda as palabras do exrexedor. Telmo Martín defense que o seu é un equipo unido.

Un ano despois de chegar ó poder, PP e SAL felicítanse polo cumprimento do pacto de goberno, con proxectos como a aparcadoiro da praza do Mar xa executados. No horizonte, segundo avanzan, moitas outras melloras, como por exemplo un proxecto de reordenación de Portonovo que, segundo o rexedor, require do consenso dos veciños e o entendemento de tódalas administracións.