O Concello de Caldas dispón dun remanente de tesourería que supera os dous millóns de euros

CALDAS> O Concello de Caldas pechou o 2017 cun remanente de tesourería que supera os dous millóns de euros. Con eses cartos, o goberno local asegura que vai levar adiante un amplo plan de investimentos que aínda está sen pechar.

O Concello de Caldas pechou o pasado exercicio cun remanente de tesourería que supera os 2 millóns de euros.

O goberno local estuda agora diversos proxectos nos que investir esa cantidade. Para o rexedor, que un concello das dimensións de Caldas dispoña dunha cantidade tan elevada de cartos para novos proxectos supón un auténtico balón de osíxeno.

Caldas tamén segue reducindo a súa débeda. Faino a un ritmo que supera os 100.000 euros cada ano.  Nestes intres sitúase arredor do 13%.

O rexedor tamén anunciou que nun prazo máximo de dez días, o goberno local xa terá pechados os orzamentos para este 2018. As contas municipais van supera-los 7 millóns de euros.