O convento de Santa Clara pertencerá a Pontevedra tralo pago de 3,2 millóns de euros

PONTEVEDRA> Acordo entre concello de Pontevedra e a orde das clarisas para que o convento de Santa Clara pase a ser público. O goberno local anunciou esta mañá a existencia dun preacordo verbal para a compra do conxunto por 3,2 millóns de euros. O alcalde capitalino asegurou que o anuncio dest amañá é un dos máis importantes que dou nos seus 22 anos como rexedor, xa que supón a incorporación de máis de 13.000 metros cadrados no centro da cidade.

O convento de Santa Clara pertencerá á cidade de Pontevedra. Despois de máis de tres anos de negociacións, o concello chegou a un preacordo verbal coa orde das clarisas, propietaria do inmoble. Por 3,2 millóns de euros, pasará a ser público.

Dende o concello explican que aínda hai trámites pendentes que poderían demorar a compra varios meses. Así as cousas, a operación está pechada.

O que aínda non está pechado é o futuro de varios bens artísticos que acolle o convento. Son, por exemplo, os retablos ou o órgano, todas elas catalogadas por Patrimonio.

Unha vez consolidada a compra, o concello fará un estudo en profundidade para analizar os posibles usos do inmoble. Algo para o que non desbotan negociar incluso con outras administracións como a Deputación de Pontevedra. En canto aos 10.000 metros cadrados de horta e xardín, a intención é abrilos á cidadanía.

Fernández Lores explicou que o muro que rodea o convento de Santa Clara, que foi fundado en 1271, tamén está protexido por Patrimonio. Por iso haberá que negociar con este departamento para a apertura de novos accesos á zona verde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí