PORTO DO SON> O pregón a cargo de José Luís Dorelle, párroco e profesor no Seminario de Santiago, daba onte o pistoletazo de saída á Semana Santa de Porto do Son. A cita, que pasa por ser unha das de maior tradición da comarca, ten como lema este ano: Vívea!! Un bo número de persoas asistiron a última hora da tarde de onte na capela da Atalaia á presentación dos actos litúrxicos organizados co gallo da celebración da Semana Santa. Unha festividade de gran tradición na vila e que esta ano se desenvolverá baixo o lema: Vívea! Na presentación tamén tomou parte o alcalde, Luís Oujo. Na súa intervención fixo unha chamada á participación de todos coa finalidade de darlle un maior empuxe a esta celebración co obxectivo de conseguir que sexa declarada de interese turístico. José Luís Dorelle, párroco e profesor no Seminario de Santiago, foi a persoa elixida este ano como pregoeiro quen animou a tódolos presentes a participar nos actos organizados pola Confraría da Paixón do Noso Señor. Aproveitouse ademais o acto para a presentación dun vídeo titulado ‘Unha viaxe a través do tempo’ que recolle a historia da Semana Santa sonense dende o ano 2003 ó 2017 que tamén está a venda para todas aquelas persoas interesadas.
Inicio BARBANZA