RIANXO> Moitas sorpresas agardan ós rianxeiros neste Nadal coa ampla programación deseñado polo concello. A maior parte das actividades buscan dinamizar a vida e actividade económica na vila favorecendo a conciliación familiar. O pequeno circo de Nadal abriu as súas portas con orixinais propostas que levarán a súa maxia por tódalas parroquias. Os sete artistas da compañía Nelson Quinteiro contarán coa numerosas colaboración que farán único cada un dos espectáculos. Haberá tamén unha ludoteca enmarcada no programa Merca Concilia que permitirá ós pais realizar as súas compras no comercio local mentres os pequenos se divirten. A vertente máis solidaria destas datas vén da man da Comisión das Guadalupeñas que organizarán, o día 31, un festival de zumba solidario para recadar xoguetes para as familias sen recursos. Serán tamén os encargados de organizar a festa de fin de ano nunha carpa con música e todo tipo de actividades para a mocidade.
Inicio BARBANZA