Boiro acollerá o II Trialtón Solidario en favor da A.E.C.C.

BOIRO> O domingo dez de xuño terá lugar o segundo triatlón solidario concello de Boiro. Unha proba que, máis aló da vertente deportiva, busca recadar fondos para a asociación española contra o cancro. Os interesados en participar poden inscribirse xa tanto na web de championchip como na propia páxina do triatlón, Poderán participar tanto de xeito individual como por equipos facendo así máis asequible a cobertura das tres distancias nas distintas modalidades. Dende o concello fixeron un chamamento á participación non só dos deportistas senón tamén dos espectadores que queiran realizar a súa aportación. Ademais de colaborar na organización e loxística da proba, o concello achega catro mil euros.