O executivo cambadés ten listo o borrador das súas contas para este 2018

CAMBADOS> O goberno local de Cambados ultima a elaboración dos orzamentos da localidade para este 2018. O departamento de Economía xa remitiu o borrador das contas ó departamento de intervención. A intención do cuadripartito é que os presupostos queden aprobados xa no vindeiro pleno.

O executivo cambadés ten listas as súas contas para este 2018. O borrador dos orzamentos vai ser remitido agora ó departamento de intervención.

As contas superan os 9 millóns de euros. Boa parte dos recursos, máis de 4 millóns, destinaranse ó capítulo de gasto de persoal e o de gastos correntes. En canto a investimentos, calcúlase que van supera-los 600.000 euros, financiados con cargo ó Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. Neste 2018 tamén haberá que asumi-lo gasto de medio millón de euros realizado no exercicio anterior.

En canto á débeda municipal, o cuadripartito cambadés conseguiu reducila no pasado exercicio nuns 400.000 euros. A comezos desta lexislatura, a débeda cambadesa roldaba  os 4 millóns de euros.

Se todo vai segundo o previsto, Cambados verá aprobados os seus orzamentos para este exercicio no vindeiro pleno.