Fátima Abal non supera a cuestión de confianza pero retén o bastón de mando

CAMBADOS> Pleno duro no Concello de Cambados, no que a alcaldesa non superou a cuestión de confianza. Con todo, a continuidade de Fátima Abal está garantida, porque ninguén vai presentar unha moción de censura. Hai un prazo dun mes para presentala, pero o BNG xa avanzou que non proporá candidato nin apoiará á dereita. Deste xeito, os orzamentos para 2021 acabarían sendo aprobados de xeito automático dentro dun mes.

Foi un pleno tenso, ateigado de reproches cruzados entre os exmembros do vello cuadripartito. A convocatoria extraordinaria buscaba sacar adiante as contas de 2021 vinculadas a unha cuestión de confianza. Unha proba que a alcaldesa non superou, contando co rexeitamento de BNG, PP e Cambados Pode. Con todo, eran os nacionalistas os que despexaban calquera dúbida sobre unha posible moción de censura.

Unha vez superado o prazo dun mes para presentar unha moción de censura, as contas quedarán aprobadas automanticamente. Para a alcaldesa, un tempo perdido que vai en contra dos veciños.

O bipartito non entende que levou á oposición a non apoia-las contas, unha vez atendidas -din- as súas propostas. Pero a oposición insiste en que o bipartito non fixo as cousas ben.

O presuposto de Cambados para 2021 ascende a máis de 9 millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí