O PP da Pobra denuncia o incremento do gasto no orzamento que apenas destina fondos a investimentos

A POBRA> O PP da Pobra critica a escasa contía destinada a investimentos no orzamento municipal. Ascende a 530 mil euros, tan só un seis e medio por cento, dos presupostos que destinan a maior parte a gasto corrente e de persoal.

A corporación da Pobra aprobada esta semana de xeito definitivo os orzamentos municipais por valor de máis de nove millóns de euros. O PP denuncia que tan só se destina algo máis de medio millón a obras e investimentos, mentres que as partidas de gasto corrente e de persoal supoñen o 85 por cento do total.

Estas cifran poñen sobre a mesa o elevado custo que supón para os pobrenses a xestión diaria do concello, á cabeza da comarca, situándose o gasto por habitante por riba de Porto do Son ou mesmo de Ribeira.

Fronte ó incremento do gasto, os populares denuncian a redución das asignacións ás entidades sociais e clubs deportivos así como ás comisións de festas. Dende o PP presentaron unha serie de emendas para aumentar estas axudas que foron desestimadas.