BOIRO> Durante toda a fin de semana disputáronse os campionatos de España de duatlón por equipos e de relevos. Na competición participaron ó redor dun mil cincocentos deportistas chegados de equipos de diferentes localidades de todo o ámbito nacional. O mal tempo, con forte vento e chuvia, durante practicamente toda a xornada do sábado, non impediu o bo desenvolvemento das distintas probas incluídas nos campionatos de España de duatlón por equipos e de relevos. O sábado desenvolvéronse as competicións de Primeira e Segunda División. Na primeira das probas dominio absoluto do Diablillos de Rivas Mar de Pulpí na categoría masculina e o Cidade Lugo Fluvial na categoría femenina. Por detrás de Diablillos, na segunda praza o Montilla Córdoba Triatlón e en terceira posición o Triatlón Prat 1994. En canto a féminas seguiron ás luguesas o Triatlón Clavería Móstoles e o Diablillos Rivas Mar de Pulpí. En Segunda División as primeiras posicións foron para o Náutico de Narón, en categoría femenina, e o Triatlón Clavería Móstoles en categoría masculina. Completaron o pódium femenino en Segunda División o Saltoki Trikideak e o Arcade Inforhouse Santiago; e na categoría masculina o Ecosport Alcobendas e o Casman Triatlón Albacete. Xa na xornada do domingo tocoulle o turno á terceira división, con vitoria do Triatlón Santander en categoría feminina e o Flor de Triatló en homes. Ascenden a segunda o Nosportlimits, o Talavera Training e Triatlón Mar de Vigo, en mulleres, e o Arena Alicante, o Deporama Joven In Triatlón Soriano e o Triatlón Las Rozas en homes. En canto ó Campionato de España de Duatlón por Relevos Mixtos, unha proba de nova creación que formará parte do programa olímpico en Tokyo 2020, a vitoria foi para o Tri-Penta Terras de Lugo. As irmáns Brea Abreu, Joselyn e Edymar, xunto a Luis Miguel Velásquez e Fernando Alarza impuxéronse con autoridade ó resto de equipos. Completaron o posdio nesta competición o Diablillos Rivas Mar de Pulpí e o Triatlón Clavería Móstoles.Nas entregas de premios ás distintas categorías participaron os presidentes das Federacións Española e galega de Triatlón, José Hidalgo e Óscar Suris, respectivamente, o alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, e a Secretaria Xeral de Deportes da Xunta, Marta Míguez.
Inicio BARBANZA