RIANXO> Innovadora iniciativa da autoescola ‘Estela’ de Rianxo que ofrece cursiños de condución preventiva. O concello colabora na organización destas actividades que buscan promover a responsabilidade ó volante. Os cursos van dirixidos a tódalas idades e perfís; non só a condutores noveis senón tamén a aqueles que sacaran o carnet hai tempo e desexen refrescar contidos. Os cursos duran unha media de tres horas e impartiranse en distintos horarios de mañá e tarde ou mesmo sábados e festivos sempre e cando haxa demanda. O concello de Rianxo colabora nesta iniciativa coa que se busca fomentar a prevención e sensibilizar á cidadanía da importancia da condución responsable de cara a unha maior seguridade viaria.
Inicio BARBANZA