A ABE pon en circulación dez mil euros coa campaña Negocios 10

BOIRO> Tralo éxito da primeira edición, a ABE volve poñer en marcha os Bonos Negocios 10. Sacarán á venda 200 caixas con vales de compra por valor de 50 euros polo que os clientes pagarán tan só 40. Estes 10 euros de agasallo pretenden incentivar as vendas nos negocios locais durante os meses de marzo e abril.

Este xoves día 7, a partir das nove da mañá, sairán á venda os bonos negocios 10 da Asociación Boirense de Empresarios. Poderanse adquirir unicamente de forma presencial na sede da entidade presentando o DNI posto que só se venderá un por persoa. Teñen un prezo de 40 euros co que os titulares adquirirán bonos por valor de 50 para gastar nas máis de 200 empresas asociadas.

Con esta campaña, a patronal porá en circulación un total de 10 mil euros cos pretende incentivar as vendas nunha época tradicionalmente frouxa para os negocios locais O importe dos bonos poderá canxearse ata finais de abril.

As bases completas sobre o funcionamento da campaña xa se poden consultar na web da ABE.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí