Mar elabora un informe para que os mariscadores poidan acceder ás prestacións por cese de actividade

GALICIA> A Consellería do Mar está a realizar xestións para que o sector marisqueiro poida acceder ás prestacións por cese de actividades habilitadas polo estado.

A Consellería do Mar elaborou un informe que constata a caída da facturación do marisqueo en máis dun setenta e sete por cento. Estes datos avalan o cumprimento do requisito para acceder á prestación extraordinaria  por cese de actividade que prevé o real decreto-lei de medidas urxentes para afrontar o impacto económico do coronavirus.

Mar xa remitiu este informe a varias entidades que lle solicitaban o peche xeral da actividade marisqueira en Galicia. Lembra que esta decisión non compete á Xunta de Galicia posto que o marisqueo non está entre as actividades suspendidas polo goberno central. Son as propias confrarías as que poden solicitar o peche ou adiamento da actividade no marco do seu plan de xestión e a Consellería ditará a resolución específica para cada solicitante. Unha vez completado o trámite os afectados poderán solicitar a prestación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí