POIO> A Conselleira de Infraestruturas e mobilidade visitou esta mañá as obras da PO – 308 a altura de Raxó, en Poio. Segundo Ethel Vázques, as dúas actuacións que se están a desenvolver avanzan a bo ritmo, superando o 60% da súa construción. Está previsto que se finalicen en novembro.
A Xunta de Galicia está a levar acabo dúas actuacións na PO – 308 para reforzar a seguridade viaria. Unha delas no tramo entre Covelo e Raxó e a outra entre Covelo e a Granxa. A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade valorou o avance destas obras.
As dúas actuación están pensadas para favorecer os desprazamentos a pé e protexer aos peóns.
Na obra da construción da glorieta aínda queda unha parte por comezar a construírse cuxa actuación corresponde ao concello. O alcalde asegura que hai cuestións técnicas que solucionar.
Ademais destas actuacións a Consellería xa está traballando en novos proxectos para esta estrada.
Está previsto que as actuacións que se están levando a cabo remátense en novembro. Mentres que as que as novas licitaranse despois do verán e a previsión é que se rematen no 2020.











