A estrada que cruzará Baión contemplará un espazo para os peóns

VILANOVA> Logo dunha reclamación veciñal, a estrada que cruzará a parroquia de Baión polo Camiño Francés, contará cun espazo para os peóns. A obra levarase a cabo aproveitando as intervencións da concentración parcelaria.
As obras que se están realizando con motivo da concentración parcelaria darán lugar a creación dunha zona peonil na nova estrada que cruzará Baión a través do Camiño Francés. Unha acción que ten a súa orixe nunha demanda veciñal, tal e como explicou o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán.
Esta zona peonil inclúese dentro do proxecto que se está a realizar dende a Consellería de Medio Rural, que contempla a apertura de novos viais da concentración parcelaria que se traducirían en varios millóns de euros.
Ata o lugar por onde transcorrerían esas zonas peonís achegáronse este luns, o delegado da Xunta en Pontevedra, o director xeral de Desenvolvemento Rural e o alcalde de Vilanova de Arousa.