O pregón do actor Pepo Suevos abrirá ás Festas da Guadalupe

RIANXO> As festas arrancarán mañá venres e prolongaranse ata o venres 15.

Unha semana de troula e diversión, na que os rianxeiros e visitantes poderán disfrutar de numerosas actividades dirixidas a satisfacer a todo tipo de públicos.

Os festexos iniciaranse co pregón, a cargo este ano do actor e humorista, Pepo Suevos, para a continuación proceder co  tradicional ‘chupitaso’ das Juadalupeñas

Como en anos anteriores tres serán os principais atractivos destas festas. A procesión marítima do domingo, o feirón mariñeiro do xoves e a cantata da Rianxeira, o último día, na praza Castelao, á luz de miles de bengalas.

A comisión de festas decidiu ademais atender este ano unha solicitude dos vecinos e invertir un maior presuposto no deseño do cartel das verbenas da noite.

Outro dos pratos fortes do programa será o festival RocK in Rian do sábado que chega este ano á súa catorce edición

Outro dos días grandes dos festexos será o luns, día dos tradicionais xogos das Juadalupeñas,.

Como vén sendo habitual, o Concello porá en marcha un dispositivo especial de seguridade para evitar que se produzan incidentes e establecerá tamén en varios días un punto morado de información  para identificar violencias machistas e poder axudar ás vítimas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí