A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa rexeita o vertedoiro de lodos na boca da ría

AROUSA> A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa manifestou o seu profundo rexeitamento a que se sigan vertendo lodos na boca da ría. Critican á Xunta por non querer dialogar con eles e ter que decatarse pola prensa das súas decisións. Farán todo o necesario porque se clausure ese punto de verteduras.

A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa celebrou onte unha asemblea para falar do posible vertedoiro de lodos nas inmediacións da illa de Sálvora. Á reunión acudiron todos os sectores relacionados co mar e decidiron, por unanimidade, mostrar o seu rexeitamento a que continúe esta actividade.

A asociación tamén mostra o seu malestar pola falta de comunicación da Xunta.

Segundo o presidente da plataforma, o vertedoiro é un perigo tanto para a biodiversidade como para os sectores produtivos da Ría.

A pesar de que dende a Consellería do Mar abren a porta á posibilidade de votar os vertedoiros noutra zona, Xaquín Rubido non cree que esa sexa a solución.

Dende a Plataforma farán un escrito tanto á Consellería do Mar como ao Delegado do Goberno para solicitar unha reunión e para pedir que se clausure o vertedoiro da ría. Aseguran que están dispostos a facer todo o necesario para conseguilo.