A Xunta creará dúas prazas máis no centro ocupacional de Ambar

RIBEIRA> O anuncio partiu da propia conselleira de Política Social, Fabiola García, durante unha visita realizada esta mañá á sede desta entidade en Ribeira.

A visita da titular de Política Social a sede de Ambar era un compromiso adquirido dende hai tempo coa entidade, dedicada a atención a persoas con diversidade funcional no Barbanza, pero que ata o de agora non puidera materializarse debido á irrupción da pandemia, primeira, e posteriormente, á propia axenda da Conselleira.

Fabiola García aproveitou a visita para anunciar o incremento en dúas prazas máis no centro ocupacional, cunha achega por parte da Xunta de 53 mil euros anuais.

Durante a visita polas instalacións, a titular de Política Social tivo tempo de coñecer parte do traballo que se realiza no centro, nos diversos talleres e actividades que ten en marcha a entidade, poñendo en valor o seu traballo nos máis de 40 anos de historia da asociación, para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias, o que lle valeu para recibir  un premio ó Desenvolvemento 2021 que concede a AGADER, dependente da Consellería de Medio Rural.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí