Iñaki Zubizarreta ofrecerá unha charla sobre acoso escolar en Ribeira

RIBEIRA> O concello de Ribeira acollerá o domingo día quince unha charla sobre acoso escolar. A xornada, enmarcada no ciclo ‘Aprender a Educar’ servirá como antesala da Feira da Educación que se inaugurará o día dezaoito. O psicólogo Javier Pérez, experto en acoso escolar, será o encargado de impartir a charla xunto co ex xogador de baloncesto, Iñaki Zubizarreta, quen exporá a súa experiencia persoal como vítima de bullying durante a súa etapa escolar. Esta charla dá continuidade ó labor que durante todo o ano desenvolve o concello de Ribeira en colaboración cos centros educativos e as ANPAS para mellorar a convivencia e as relación entre escolares, previr o acoso e detectar precozamente os casos que poidan producirse. Os interesados en asistir á charla, recomendada especialmente para adolescentes a partir de catorce anos e país, poden retirar a entrada unha hora antes do inicio da charla prevista para as sete e media da tarde no auditorio municipal.