Nace a Asociación de Mulleres Empresarias do Salnés

SALNÉS> Nace a Asociación de Empresarias do Salnés, un colectivo sen ánimo de lucro centrado no intercambio de coñecementos profesionais entre mulleres. O colectivo, que conta xa cunhas 30 asociadas, vai impulsar xa neste mes varias actividades formativas.

Hai un ano que un grupo de emprendedoras traballa na creación da Asociación de Mulleres Empresarias do Salnés. O colectivo acaba de ve-la luz coa vontade de converterse nun espazo común para as mulleres emprendedoras da comarca e tamén para aquelas que estean pensando en impulsar un proxecto.

A Asociación terá como ámbito de actuación 9 concellos da contorna, buscando mellora-la situación laboral das mulleres emprendedoras do Salnés.

Para que todos estes obxectivos se poidan materializar, a entidade vai levar a cabo diversas actividades, todas elas centradas na formación e o asesoramento,

A Asociación traballa xa na creación dun programa de actos diversos, atendendo ós intereses e necesidades de tódalas empresarias  implicadas. O colectivo xa ten previstos algúns actos para vindeiras datas.

O 3 de maio, mentres, a Asociación está preparar un obradoiro sobre axudas ó emprendemento feminino, coa particapación de varios asesores.