O centro sociocomunitario da Pobra recupera o baile para os maiores

A POBRA> O centro sociocomunitario da Pobra recupera os tradicionais bailes dos domingos. Darán comezo esta fin de semana coa actuación de Mar Davila e estenderanse ata o mes de xuño. No caso de haber demanda, o concello non descarta prolongalos tamén durante o verán.

O programa ‘Tardes de Baile’ arranca este domingo no centro sociocomuntario da Pobra coa primeira das citas que estará amenizada pola cantante Mar Davila. A partir de entón celebrarase baile cada segundo domingo de mes pola tarde, entre as oito e as dez e media da noite, ata o mes de xuño.

Dende o centro sociocomunitario decidiron recuperar esta cita semanal ante a gran demanda por parte dos usuarios ademais de constituír unha actividade moi completa tanto a nivel físico como social e emocional.

Os bailes están abertos non só a veciños da Pobra senón de toda a comarca e de tódalas idades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí