Mestura de sentimentos na reapertura da hostalería

PONTEVEDRA> Reabre a hostalería. Os bares e os restaurantes da nosa comunidade volveron a abrir hoxe as súas portas. Iso si, en cidades como Pontevedra fixérono a medias. Soamente coas terrazas ao 50% da súa capacidade. Algo que xerou unha mestura de sentimentos entre o sector.

A reapertura da hostalería provocou en Pontevedra alegría e enfado a partes iguais. Por unha banda, están os locais que decidiron iniciar o plan de desescalada marcado pola Xunta. Fixérono, iso si, coas terrazas ao 50% da súa capacidade.

No lado oposto están os que decidiron manter pechadas as súas portas, ao considerar que non é rendible traballar coas medidas marcadas pola Xunta. Esta opinión compártena tamén algúns dos que si decidiron levantar o enreixado do seu local.

Mestura de sentimentos tamén entre os clientes. Mentres uns desbordaban felicidade con estas medidas…

Outros mostrábanse en contra das novas restricións…

Iso si, co que estaban de acordo todos os pontevedreses foi co desexo que había de volver a vivir esta imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí