RIBEIRA> Este vídeo do ex-alcalde, Manuel Ruíz, publicado nas súas redes sociais facendo unha visita ó novo auditorio municipal non sentou nada ben ó equipo de goberno.
Ademais de sorprendelos, dende o executivo considérano unha falla de respecto institucional. Critican a actitude do agora senador que foi quen de entrar nunha obra pública sen rematar e sen ningún tipo de autorización.
Dende o equipo de goberno pregúntanse as razóns que levaron ó ex-rexedor a subir este vídeo ás redes.
Tamén lle piden explicacións por este tipo de feitos…











