Boiro cede a Portos os terreos para o novo centro de remo de Cabo de Cruz

BOIRO> O Club de Remo de Cabo de Cruz contará con novas instalacións. A creación deste novo centro suporá un salto cualitativo para a entidade deportiva que contará con todo tipo de servizos, incluído un foso de remo. O inicio dos trámites para a construción deste centro será posible grazas á cesión dun terreo municipal a Portos de Galicia. Era preciso este trámite posto que o inmoble se ubica nunha parcela mixta, parte de titularidade municipal e outra autonómica, polo que era preciso unificala para realizar a concesión. Unha vez superado este trámite, o executivo agarda que o novo centro poida entrar en servizo a finais de 2019 ou principios de 2020. Dependerá da tramitación de diversos permisos e informes así como do desenvolvemento das obras.