Xoán Hemida “Lores se comporta coma nun réxime soviético, perseguindo aos seus rivais políticos”

Pontevedra> Xoán Hermida anunciou esta tarde que renuncia a recoller, no caso de que dimita Paula Quinteiro, a súa acta como deputado no Parlamento Galego. Unha decisión ética, que ten como fin dar exemplo na política actual. En relación ao altercado policial, Hermida ten claro que non realizou ningunha desas acusacións que di o policía.  Hermida di que estas declaración se producen logo de que fose él quen presentase un contencioso dando queixa da actitude deste funcionario.

O caso de Xoán Hermina, o que fora coordinador de Marea en Pontevedra, volve a palestra. O propio implicado deu esta mesma tarde o sucedido hai sete meses na cidade. Ante todo, Hermida deixou claro que considera que un político non  ten vida privada.

Ante o sucedido en Pontevedra Hermida di que presentou un contencioso a raíz de que lle chegaran dúas multas por un mal estacionamento na cidade, ante o cal dende a Policía Local abren a este funcionario un expediente informativo, a raíz dese expediente, é cando o Policía di que Xoán Hermida se aproveitou do seu posicionamento político, algo que Hermida ten claro que é falso.

O atestado ten claro que é un documento público pero esto trátase dun informe persoal a raíz dunha denuncia realizada por él mesmo, por todo isto considera que Lores se está convertindo no dirixente dun réxime soviético que persegue aos seus rivais políticos.

Por razóns éticas Hermida ten claro que no caso de que dimita a deputada Paula Quinteiro, el presentará a súa renuncia a coller a acta de deputado no hemiciclo galego.

Xoán Hermida dixo que seguirá traballando, como cidadá, contra os réximes esgodados de Feijóo ou o de Lores, co fin de que Marea ocupe o posto que merece na clase política actual.