A Pobra súmase á rede de concellos con accesibilidade cognitiva

POBRA> Ó igual que xa fixeran Ribeira e Porto do Son, a Pobra vén de sumarse á lista de concellos accesibles coa instalación de pictogramas en tódolos seus departamentos. Esta iniciativa provén da asociación AMICOS que ten por obxectivo conseguir que todos os concellos promovan a accesibilidade cognitiva ó longo deste ano para continuar rompendo barreiras. Dende a entidade lembran que os pictogramas non só facilitan o acceso ós recursos públicos ás persoas autistas senón tamén a persoas con dificultades visuais e de lectura ou mesmo a persoas que non entenden o idioma.