O comité relaxa as medidas na hostalería ampliando capacidades en interior e terraza

GALICIA> As previsións son optimistas, de aí que o comité clínico decidira converter estes bos datos nunha maior flexibilidade nas restricións na hostalería. A partires do sábado, en todos os niveis locais hostaleiros e do ocio nocturno verán aumentar as súas capacidades.

A nova situación da pandemia permite ampliar as marxes na hostalería. Así, nos concellos de nivel alto a capacidade nas terrazas aumenta do 50% ao 75, mantendo o 30% no interior. O ocio nocturno continuará pechado no interior, pero incrementa ata o 75% o aforo exterior.

No caso do nivel medio, o aforo en interiores mantense nao 50% en hostalería, subindo as terrazas ao 100%. En canto ao ocio nocturno, a capacidade dentro dos locais pasará do 30 ao 50% en interior, coas terrazas acadando o 75%. Nos concellos do nivel medio baixo, a ocupación será do 75% no interior e do 100% no exterior para a hostalería e do 50% dentro e o 100% en terraza no caso do ocio nocturno.

Estas medidas chegan despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia rexeitara a obrigatoriedade de presentar o certificado covid para acceder ao interior da hostalería.

O conselleiro recordou que se mantén a prohibición de estar con non conviventes a partires da 1 da madrugada nos concellos dos niveis máximo e alto e a partires das 3 no caso dos demais municipios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí