POIO> 25 anos despois da súa creación, o artífice do Bosque de Colón –en Poio- visitou o espazo natural. Nel medran dende hai un cuarto de século máis de 500 se sequoias californianas, coas que no ano 1992 se conmemorou os 500 anos do descubrimento de América.
O profesor norteamericano John Harmon McElroy volveu a Poio 25 anos despois. O ideólogo do bosque de sequoias máis grande de Europa comprobou en primeira persoa o bo estado de saúde das árbores plantadas no ano 1992. El foi o impulsor deste proxecto co que se pretendía conmemora-los 500 anos do descubrimento de América.
A música das gaitas serviu para ameniza-lo Os actos desta fin de semana serviron para escenificar, unha vez máis, a unión entre Galicia e os Estados Unidos.
Rodeados das sequoias que plantaron mozos poienses e estadounidenses, e acompañado da súa familia, o profesor quixo salienta-lo histórico fito que para todo o planeta tivo o descubrimento de América. John Harmon McElroy pediu que estes actos do 25 aniversario sirvan para lembra-lo periplo de Colón, non a súa idea de construír un bosque.
A delegación estadounidense estivo acompañada por representantes dos diferentes partidos da corporación municipal. O alcalde da localidade quixo agradece-la visita da delegación americana.
O acto culminou co descubrimento dunha placa por parte do alcalde e dos impulsores do Bosque. 25 anos despois, Poio e Os Estados Unidos volveron estar unidos baixo a figura común do descubridor do novo mundo.