Escolares de Ribeira saen á rúa para reivindicar a importancia da Educación Física

RIBEIRA> A comunidade educativa do CEIP O Grupo celebrou esta mañá o Día da Educación Física na rúa cunha multitudinaria actividade. Máis de 400 escolares participaron nas clases de aerobic e baile que se desenvolveron na praza de España para reivindicar o novo concepto de educación física así como a necesidade de incrementar a súa presenza cun número de horas lectivas.

Dar a coñecer a nova Educación Física e incrementar a súa presenza no horario lectivo do sistema educativo son algúns dos obxectivos da actividade desenvolvida esta mañá pola comunidade educativa do CEIP O Grupo co gallo do Día da Educación Física na Rúa.

Máis de 400 escolares, acompañados de mestres e moitos familiares que se achegaron ata a praza de España participaron na xornada que comezou coa lectura dun manifesto. A continuación, e tralo preceptivo quencemento, os pequenos participaron nunha clase de aerobic e unha de baile para pechar a xornada cunha volta á calma.

Inserto

Con esta actividade pioneira búscase desterrar o concepto da antiga ximnasia e dar a coñecer a nova educación física, integradora e divertida, que busca transmitir hábitos de vida saudables e contribuír ó desenvolvemento integral dos rapaces a través do xogo como motor de aprendizaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí