A Deputación subvencionará a contratación de mestres composteiros aos concellos adheridos ao Plan Revitaliza

Pontevedra>César Mosquera anunciou esta mañá que os concellos adheridos ao Plan Revitaliza contarán cunha subvención para a contratación de mestras e mestres composeiros no seus municipios. Mosquera dixo que este é un paso decisivo e irreversible polo que o plan de compostaxe non vai a ter volta atrás na provincia de Pontevedra.

Mosquera ten claro que non hai volta atrás no Plan Revitaliza na provinica, o vicepresidente anunciou que a Xunta de Goberno aprobará a adxudicación de 400 novos centros de compostaxe comunitario e 1500 composteiros individuais.

Ademais tamén informou nesta rolda de prensa que a Deputación subvencionará aos concellos adheridos ao Plan Revitaliza para que nos seu período 2018-2020 contraten a un total de 40 mestras e mestres composteiros nos seus planteis municipais para a xestión dos residuos orgánicos.

Unha xornada onde tamén estivo presente o director técnico da Axencia de Residuos de Cataluña quen aproveitou a súa visita para coñecer a experiencia de Pontevedra en canto á compostaxe comunitaria.

Pola súa banda o técnico municipal en Gipukcoa, tamén presente esta mañá, dixo que a clave da reciclaxe está na compostaxe.

Pola súa banda, o responsable técnico do Plan Revitaliza, Carlos Pérez, quixo insistir en que o foco de atención europeo en compostaxe comunitario está en Pontevedra nestes momentos, porque se está a traballar cun modus operandi que ata o de agora non existía en ningún país e que, polo tanto, non está aínda normativizado. Por último, animou á cidadanía a coñecer a compostaxe ‘en directo’, visitar os centros de compostaxe e comprobar e confirmar que non dan ningún problema.