A Deputación de Pontevedra lanza o maior plan de investimentos da súa historia para reverter os efectos da covid

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra lanza o maior investimento da súa historia para reactiva-la provincia. Vanse mobilizar máis de 47 millóns de euros dinamiza-la economía e contribuír á recuperación post covid. O plan contempla partidas, por exemplo, para o Museo de Pontevedra ou o traslado do Parque de Maquinaria a Barro. Dispón dunha liña específica para concellos, á que se destina 20 millóns, para os que a Deputación terá que endebedarse.

Co plan presentado hoxe, a Deputación de Pontevedra manexará un orzamento récord de 215 millóns de euros. E todo grazas á incorporación adicional de máis de 47 millóns que buscan dinamiza-la economía da provincia e palia-los efectos que deixa a covid.

O novo plan, denominado ReacPon, ten unha liña específica para investimentos da Deputación. Para ela destínanse 27.2 millóns de euros, procedentes de remanentes, e servirá para transformar servizos e as dotacións da propia administración provincial. Entre eles, o Museo de Pontevedra, cun investimento de máis de 4 millóns. Tamén contempla unha partida de 3 millóns para o traslado do parque de maquinaria a Barro e a recuperación ambiental da Xunqueira de Alba.

A outra pata do plan é o ReacPon Concellos, dotado con 20 millóns. Permitirá reahabiliar e poñer a punto instalacións municipais ou a reurbanización de espezos públicos. Para este caso, o organismo provincial decidiu endebedarse.

As bases para este novo plan e a operación de endebedamento van ir xa ao vindeiro pleno provincial para que o seu impacto na economía sexa canto antes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí