A Conferencia de Alcaldes e Alcaldesas marca o camiño cara á reconstrución económica da era poscovid

PONTEVEDRA> Marcar o camiño cara á reconstrución económica da era poscoronavirus. Ese era o obxectivo principal da Conferencia de Alcaldes e Alcaldesas que tivo lugar en Pontevedra o pasado mes de setembro. Desa reunión naceu un documento no que se recollen todas as análises e propostas analizadas por todos os asistentes para superar a época poscovid.

A meirande parte das propostas analizadas van enfocadas cara a utilización tanto dos fondos europeos de reconstrución como o programa 2021-2027.

As propostas presentadas polas institucións locais do Eixo Atlántico baséanse en 5 piares: Resiliencia económica, transición dixital, transición verde, equidade e cultura.

O obxectivo con este informe é trasladar todas as ideas analizadas na Conferencia de Alcaldes e Alcaldesas ao goberno do Estado e a Xunta de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí