Ana Pontón “o nacionalismo será un referente para a compostaxe”

Pontevedra> A líder nacionalista estivo hoxe en Pontevedra co fin de coñecer de primeira man o Plan Revitaliza, e con el, o proxecto da compostaxe. Ana Pontón lembrou que o BNG en Pontevedra foi capaz de poñer en marcha un cambio na cidade e que coa compostaxe comunitaria está dando un paso importante e sendo, unha vez máis, un referente a nivel europeo.

Ana Pontón estivo esta mañá na cidade, o obxectivo coñecer de primeira man o Plan Revitaliza e o proxecto da compostaxe. O alcalde da cidade agradeceu contar cunha líder de partido que ten os pes na terra e se preocupa polas cousas importantes e de futuro para a cidadanía.

Pontón considera que o que se está facendo en Pontevedra co Plan Revitaliza é un plan pioneiro a nivel europeo e lembrou que con este plan, a provincia xa se está adiantando a unhas directrices que se van a aprobar nos vindeiros días dende Bruxelas.

Co Plan Revitaliza Pontón considera que o nacionalismo se converterá nun referente para a compostaxe.