A POBRA> A Pobra será sede esta fin de semana do Campionato de España de Trainerillas. Un cento de embarcacións participarán nas regatas que se celebrarán o sábado e o domingo nas categorías cadete, xuvenil e absoluta tanto masculinas como femininas.
Uns 500 deportistas de toda España daranse cita esta fin de semana na Pobra que acolle o Campionato Nacional de Traineriñas.
O Club de Remo Puebla volverá facer gala da súa gran capacidade organizativa, tal e como destacou o presidente da Federación Española de Remo.
O club pobrense segue así coa súa imparable traxectoria a pesar do incendio que arrasou a súa sede o pasado mes de xaneiro. Malia que perdeu a maior parte do seu equipamento, a entidade nunca deixou de competir nin de organizar probas grazas ó espírito de superación de tódolos socios e deportistas así como ó apoio decidido das administracións.
Neste sentido, o secretario xeral para o Deporte aproveitou a súa presenza na presentación do campionato para anunciar a bonificación das taxas portuarias pola ocupación da nave provisional, cedida por Portos de Galicia.











