RIBEIRA> Na súa liña de estreitar lazos con outras entidades, a asociación de empresarios de Ribeira vén de presentar unha nova colaboración co colectivo de taxistas. Uns 20 profesionais deste ramo pasarán a formar parte da patronal beneficiándose das campañas e vantaxes dos socios.
A Asociación de Empresarios e a asociación de taxistas de Ribeira facían oficial a súa nova colaboración polo que os 20 profesionais que integran esta entidade veñen de asociarse á patronal.
O obxectivo é establecer novas liñas de colaboración que contribúan ó dinamismo económico do municipio en beneficio de tódolos sectores profesionais, tal e como xa fixeran recentemente coa asociación de comerciantes da praza de abastos.











