Máis de trescentos cincuenta corredores participarán no Ultratrail do Barbanza

RIBEIRA> Trala celebración das catro probas que integran o circuito de trail de Arousa Norte, este domingo desenvolverase o Ultratrail do Barbanza en Ribeira. Trátase dunha proba de gran esixencia non só pola distancia senón polo desnivel acumulado. Sen embargo, a organización habilitou diferentes modalidades para tódolos corredores afeccionados que desexen participar a menor nivel. Na actualidade xa hai preto de trescentos cincuenta inscritos, o que dá idea da gran relevancia que ten adquirido esta proba consolidándose como un dos trails de referencia de toda Galicia. Os interesados en participar poden inscribirse ou obter máis información a través das webs arousa.com e ultratraildobarbanza.com.