BOIRO> Novo golpe ó ‘menudeo’ de drogas en Boiro. Foi no marco da denominada operación ‘Regueiro’.
A investigación da Garda Civil, iniciada en febreiro pasado, saldouse coa detención de dúas persoas. Un veciño de Boiro e unha muller residente en León.
Os dous acusados dun presunto delito contra a saúde pública.
Tras pasar a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2 de Ribeira, en funcións de garda, o xuíz decretou o ingreso en prisión sen fianza para o home, mentres que a muller quedou en liberdade con cargos.
No operativo os axentes do Instituto Armado interviñéronlle unhas 613 doses de diferentes substancias estupefacientes: cocaína, heroína e haxíx, así como tamén uns catro mil euros en billete fraccionado, presuntamente obtidos da venda das drogas.
Segundo informaron fontes da propia Garda Civil a operación dáse por pechada, logrando desartellar un importante punto de venda de substancias estupefacientes.
Ó parecer os dous prendidos empregaban as inmediacións dun pazo abandonado como lugar habitual para realizar as súas transaccións, a onde acudían a ‘pillar’ toxicómanos de toda a comarca.