Portos remata a reordenación dos amarres en San Tomé e Goritas

CAMBADOS> A reordenación de pantaláns xa está rematada en Cambados. Portos de Galicia vén de completar a actuación coa intervención en As Goritas. A dársena conta agora con novos fingers e prazas de amarre para acoller novas embarcacións.

Portos de Galicia vén de completar a reordenación dos portos de San Tomé e As Goritas. O ente autonómico rematará nas vindeiras semanas a instalación de fingers e brazos de amarre para reforzar a seguridade das embarcacións amarradas.

Os traballos supoñen a colocación no pantalán de As Goritas de 23 brazos de amarre de catro metros de lonxitude e 20 centímetros de ancho. Tamén cornamusas e placas de numeración das prazas.

Dende a confraría cambadesa están satisfeitos con esta intervención, que mellora as condicións da flota cambadesa.

A actuación estará finalizada nas vindeiras semanas. Os traballos contan cun investimento de preto de 25.000 euros.