O Ribadumia clasifícase para a Copa do Rei tras unha victoria histórica en Cantabria

RIBADUMIA> O CD Ribadumia fai historia e clasifícase para disputar a copa do Rei. O equipo do Salnés consegue o pase tras gañar por 0 – 1 ao Miengo Futbol club en Cantabria grazas ao gol de Diego Abal. Os ribadumienses enfrontaranse agora cun rival da primeira división.

O CD Ribadumia acudiu á cita coa historia grazas a proclamarse campión da rexional preferente da tempada pasada. Pero para xogar contra os mellores antes había que gañar en Cantabira ao Miengo Futbol Club. O Ribadumia partía como favorito pero o rival non llo puxo nada doado. O equipo do Salnés dominou o partido pero a posesión non se traducía en goles. A primeira gran ocasión foi para Cheri no minuto 24 que despexou o porteiro Bilo. O Ribadumia seguiuno intentando sen éxito durante toda a primeira parte pero o partido chegou ao descanso con táboas no marcador.

A segunda metade comezou coa tónica da primeira, o Ribadumia dominaba pero os goles non chegaba, en fronte un Miengo que aguantaba moi ben atrás e apuraba as súas opcións de saír á contra. O partido poríaselle de cara ao Ribadumia coa expulsión do cántabro Muni no minuto 50 pero houbo que agardar ata o minuto 73 para que chegara o gol do partido. Diego Abal lanzou unha falta lateral que non atopou rematador e introduciuse na portería de Bilo. O Ribadumia continuou buscando o segundo sen éxito e apiques estivo de saírlle caro, porque no últimos instantes o Miengo gozou dunha ocasión que entre Pazos e o pao evitaron que entrara na portería ribadumiense. O partido rematou cunha nova expulsión do equipo local cando Diego freou unha contra de Charles que xa encaraba a portería. Co resultado final o Ribadumia fai historia e accede por primeira vez á primeira ronda da copa do Rei. O contrincante será un rival da primeira división.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí