Galicia posiónase en Fitur como potencia do turismo náutico

GALICIA> A oferta náutica de Galicia tamén estivo presente hoxe en Fitur. Portos de Galicia abordou o impacto do turismo náutico nos portos de titularidade autonómica. Un sector á alza e que atopa en Galicia un lugar idóneo, polas súas características que permiten a navegación ao longo de todo o ano.

O presidente de Portos, Jose Antonio Álvarez, destacou a colaboración con Turismo de Galicia. Destacou tamén a singularidade de combinar esta oferta coa cultura mariñeira en portos onde tamén se desenvolve actividade pesqueira e marisqueira.