GALICIA> Este ano a Xunta aposta por presentar a nosa comunidade como un destino acolledor, auténtico e con proxección internacional. Ademais dos recursos naturais, outro dos recursos dos que quere presumir Galicia este ano é do seu clima privilexiado.
‘Ya estás en Galicia’ é o lema elixido este ano pola Xunta, nunha aposta por consolidarse como un destino con proxección internacional, convertendo a acollida da xente en protagonista.Iso si, co natureza como principal escenario.
A proposta, ademais, tira dunha das grandes bazas coas que conta a nosa comunidade, o seu clima, nun momento onde o cambio climático pode ser determinante tamén para a o futuro do sector turístico.
Neste stand vanse desenvolver ao longo dos vindeiros días infinidade de actos promocionais da Xunta, as catro deputacións, concellos ou diferentes xeodestinos. Todo baixo o paraugas da proposta galega.
Para esta edición, a Xunta decidiu reutilizar o stand da pasada edición, renovando o seu deseño para adaptaptalo á nova proposta. Unha aposta, explican dende o goberno galego, pola sostibilidade.











