Para o BNG os orzamentos son irreais e electoralistas

NOIA> Os nacionalistas saíron esta mañá ós medios para explicar as razóns que motivaron a súa abstención no pleno de onte. Para os nacionalistas este documento presupostario ten ademais un claro afán electoralista a un ano das próximas eleccións municipais. Dende o BNG botan en falla neste documento orzamentario numerosos acordos e compromisos aprobados por unanimidade en pleno, moitas delas propostas presentadas polos nacionalistas, e incluso a inmensa maioría das promesas electorais realizadas por Nós Pobra á veciñanza nas eleccións de 2015.