A Praza de Vilagarcía crea unha web para impulsar a venda on line dos seus produtos

VILAGARCÍA> A praza de Abastos de Vilagarcía lanza unha nova páxina web co obxectivo de poñer en marcha, en breve, a venda on line. Os praceiros tamén pretenden poñer en marcha axiña, a través do seu portal, un sistema de entraga a domicilio. Na web pode verse información dos diferentes postos do mercado e mesmo hai un apartado no que se fai un repaso pola historia da praza.

Os tempos cambian e a Praza de Abastos de Vilagarcía adáptase ás novas necesidades. Os praceiros lanzan unha nova páxina web que, en breve, contará con servizo de venda on line e de reparto a domicilio.

A intención dos praceiros é poñer en marcha o servizo de venda a través da web o ante posible. Marcan como reto telo activo antes do Nadal, aínda que recoñecen que é un obxectivo complicado. Entenden que é moi necesario lanzar este tipo de prestacións, para aqueles que non teñen tempo a achegarse fisicamente ó mercado.

No caso da entrega das compras a domicilio, a asociación de praceiros ten xa o modelo definido, a través dunha empresa de reparto.

A web serve tamén de carta de presentación para os postos dos distintos vendedores, un novo escaparate no que amosa-lo seu produto.

A nova páxina do mercado está deseñada cunha renovada imaxe corporativa, cun logotipo que dá especial protagonismo ó conxunto arquitectónico. Unha das pestanas, por certo, está dedicada á historia da praza e ó seu edificio, un dos emblemas da cidade que está protexido por Patrimonio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí