Os establecementos vilagarciáns que gañaron o concurso de decoración de Nadal recollen o seu premio

VILAGARCÍA> Os establecementos de Vilagarcíapremiados no concurso de decoración de Nadal recibiron hoxe os seus premios. Unha vermutería, unha panadería ou unha florería son algúns dos locais galardoados. Tanto comerciantes como dende o Concello indican que iniciativas como esta serven para anima-la cidade e fomenta-las compras.

Os cinco establecementos distinguidos no concurso de escaparatismo e decoración de Nadal que se celebrou en Vilagarcía, recibiron esta mañá os seus premios.

Os terceiros premios recaeron en Cocoe Moda e Ban Andaina. Os segundos foron para a panadería Lourido e a florería Terrae. O primeiro premio, levouno a vermutería Stocolmo.

O Stocolmo acadou o primeiro posto cunha completa decoración, que combina varias escenas, con pezas mercadas, pero con moitas outras elaboradas por eles mesmos. Un gusto por ter bonito o seu establecemento, que non só se cingue ó Nadal.

No Stocolmo aproveitan para reivindica-lo peso do comercio local nunha cidade como Vilagarcía.

Na edición deste ano do concurso de decoración de Nadal participaron 24 establecementos, o dobre que o ano pasado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí